Día segundo…

Para ser alumno/a hoxe

Antes de comezar cos ingredientes ou os pasos para ser alumno/a hoxe gustaríame que todo o mundo tivese en conta a seguinte frase de Albert Einstein:

«Todos somos uns xenios. Pero se xulgas a un peixe pola súa habilidade de escalar unha árbore, vivirá a súa vida enteira crendo que é estúpido.»

Ingredientes

1 cunca ben abundante de predisposición.

Preparación

Unha receita moi sinxela, ideal para todas as persoas dispostas a cambiar o mundo.

Para preparar a receita debes coller esa cunca de predisposición, levala á práctica e confiar en que as pequenas accións poden facer un gran cambio. Un alumno ou alumna predisposto ao cambio, a novas ideas, a aprender… Ese alumno ou alumna será o futuro. O mundo ten que cambiar, non é algo sinxelo nin algo que se poda facer nun día, pero no cambio reside o verdadeiramente importante.

Para o alumno ou alumna predisposto a aprender será todo moito máis sinxelo e productivo, pero tamén debemos ter a frase de Einstein citada anteriormente como referencia: é imposible que a alguén se lle de ben absolutamente todo, e nadie debe desanimarse se algo non lle sae porque iso non significa nada.

Para rematar con esta sinxela pero importante receita, gustaríame citar unha frase de Nelson Mandela:

«A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo.»

Estilos de aprendizaje

Referencias

As persoas citadas neste post foron Nelson Mandela e Albert Einstein.

Deja un comentario