Día cuarto…

Hoxe vou falar por primeira vez dunha obra onde as tramas semellan carecer de sentido, atopamos uns diálogos repetitivos e hai un pouco de falta de secuencia dramática… Soa ridículo? Pois imos falar dunha obra de teatro do absurdo. Esperando a Godot é unha obra que semella carecer de lóxica, pero á súa vez é unha obra cun transfondo relacionado co tempo, un tópico certamente interesante.

O autor desta obra é Samuel Beckett, que nace en Dublín, Irlanda o 13 de abril de 1906. E morre en París, Francia o 22 de decembro de 1989. Foi dramaturgo, novelista, crítico e poeta; e un dos máximos representantes do experimentalismo literario do século XX,

Samuel Beckett having a chuckle. | Portræt, Skrivning, Teatre

dentro do modernismo anglosaxón. Beckett naceu no seo dunha familia protestante, non rica, pero acomodada. Asistiu a grandes colexios, onde destacaba como alumno e atleta. Estudou letras no Trinity College de Dublín, onde foi un brillante alumno. Amaba o seu pai, mais coa súa nai tivo unha relación complexa que derivou en varios anos de psicoanálise. Beckett experimentou a ocupación alemá, e en 1942 uniuse á Resistencia, pero tivo que fuxir da Xestapo porque estivo gravemente ferido. Refuxiado en Francia, tivo tempo para escribir. Pero ao remate da Segunda Guerra Mundial, entregouse de cheo á escritura. A crítica caracterizou o teatro de Beckett como un teatro de tons existencialistas, preocupado pola exploración da radical sociedade e o desamparo da existencia humana.

Entre os xéneros cultivados por Beckett atopamos: o poema, o conto e a novela. Pero sen dúbida, o máis distintivo son as pezas teatrais. Algunha das súas obras máis destacadas son:

Os días felices: unha obra de teatro publicada en 1969, e que gañou o Premio Nobel nese mesmo ano. Teatro do absurdo, unha historia patética que nos fai reflexionar sobre o conformismo e outros temas, mediante a historia de Winnie, o paradigma do conformismo optimista.

Final de partida: é unha traxicomedia de 1957. Conta a historia de Hamm, un vello amo que está cego e non pode permanecer de pé; e Clov, o seu servente que non pode sentarse.

Pero, como xa mencionamos antes, Beckett non escribiu unicamente obras teatrais. Aquí e aquí deixo algúns dos seus poemas.

Agora imos Agardando a Godot e o resumo que fixen mentres lía a obra:

ACTO I

Ao comezo están os protagonistas falando das súas cousas, dous vagabundos: Vladimir ten unha inquietude co seu chapeu, e Estragón co seu pé. Despois de que o primeiro contara unha historia de dous ladróns, faise referencia por primeira vez a Godot, dicindo que eles non poden irse porque estanlle esperando. Eles están aí, pero non saben moito del nin de onde agardalo. Nun momento queren colgarse dunha árbore (un sauce choron), pero deciden quedarse ata que Godot chegue para ver que lles di. Mencionan que o que lle pediron a el foi unha especie de súplica. e que o seu papel con Godot é o de suplicantes. Din que perderon, venderon os seus dereitos.

Mentres que seguen esperando, escoitan un ruído e pensan que é Godot, mais cando ven que non deciden seguir agardando coa esperanza desa noite poder durmir na súa casa e comer algo. Despois de escoitar un berro saen correndo. Entran en escena Pozzo e Lucky. O segundo entra cargado de cousas, mentres que Pozzo vai dando lategazos. Este detense

Esperando a Godot - Wikipedia, la enciclopedia libre

e tira da corda da que leva enganchado a Lucky. Gogo e Didi (Estragón e Vladimir) pensan que Pozzo é Godot, ata que se presenta. Aínda non están convencidos de que non o sexa, e Pozzo dilles que se o seu nome non lles resulta familiar. Pregúntalles que quen é ese Godot polo que o confunderan, e eles descríbeno como unha especie de coñecido ao que descoñecen. Pozzo di que están na súa propiedade, e eles comentan que o camiño non é propedade de ninguén. El di que se vai quedar un pouco con eles, e comeza a comer. Gogo e Didi observan a Lucky de preto e ven que ten moitas feridas graves, pero non entenden que lle pasa nin porque actúa así, Pozzo dilles que o deixen tranquilo, que está canso. Vladimir fianlmente salta polo pésimo xeito no que o amo trata a Lucky. Gogo e Didi van marchar, o primeiro se sente incómodo con Pozzo, pero el lémbralles a súa cita con Godot e deciden quedar. Finalmente Pozzo cóntalles que quere desfacerse de Lucky, que non é bo no seu traballo, pero que o leva ao mercado de San Salvador para sacar algo por el. Ambos comezan a criticalo por desprestixiar a Lucky. Pozzo di que cre que Godot chegará á noite, e logo explícalles algo do crepúsculo do ceo. Chegan á conclusion de que só hai que esperar. Pozzo quere entreterlles, e eles pídenlle que Lucky pense e que baile. Este finalmente pensa, e expresa os seus pensamentos dunha forma moi complexa (por poñerse o chapeu, que despois destrúen para que non volva ocorrer). Finalmente, o amo e Lucky marchan.


Estragón volve propoñer irse, pero Vladimir lémbralle que seguen esperando a Godot. De súpeto xorde unha voz, e entra un raparigo temerosamente. Di que ten unha mensaxe do señor Godot. que mandó dicirlles que non irá esa noite, pero que mañá seguramente o fará. O raparigo traballa para el, apacientando as cabras. Este rapaz e o seu irmán traballan para Godot. O pequeno maracha coa mensaxe de Didi e Gogo de que os viu. A noite cae de súpeto, e deciden ir acubillarse, mais sabendo que mañá será un gran día. Falan de como levan mais de 50 anos xuntos, e pregúntanse se lles fose mellor cada un polo seu lado, pero pensan en que agora xa non vale a pena separarse.

ACTO II

Ao día seguinte, mesma hora e mesmo lugar. Non durmiron no mesmo sitio, e Estragón conta que lle pegaron. Falan de que no fondo están contentos de atoparse de novo, e volven esperar a Godot. Este esqueceuse de bastantes dos acontecementos do día de onte, que Vladimir tenta recordarlle.

A árbore, que onte estaba mustia e triste, hoxe está chea de vida e de follas. Pregúntanse que pasou pola noite que eles non estiveron, e lembran que falaron de naderías. Tras estar un intre falando e xogando, senten que alguén vén. Emociónanse pensando que é Godot, mais percátanse de que os están rodeando, e deciden esconderse detrás da árbore aínda que cren que é inutil. Finalmente ven que ninguén vén e pensan que se confundiron. Mentres que facían deporte para pasar o tempo, Lucky e Pozzo aparecen novamente en escena. Plantéxanse que poden sacar a cambio de axudar a Pozzo a levantar, que está no chan. Pozzo ofrécelles cen francos, e eles aceptan douscentos. O intentan, mais non conseguen levantar a Pozzo, que segue aumentando a cantidade de francos. Estragón axuda a levanta a Vladimir, que tamén caeu, aínda que el non quería que o levantara. Pozzo logra erguerse, pero cae novamente, e como non contesta pensan que igual morreu xa, como non o ven. Comezan a chamarlle por outros nomes por se non se chama Pozzo, e para matar o tempo. Finalmente atópano e deciden axudarlle, e non os recoñece porque di estar cego. Pregunta se son bandidos, e eles din que son amigos xa que senón non lle axudarían. Acompáñanlle ata o encontro de Lucky, que recobra o sentido. Pozzo non lembra atoparse onte con eles, pero di tamén que mañá non lembrarase de atopar con alguén hoxe. Lucky e Pozzo van marchar, mais Vladimir pídelle que Lucky entretéñalles antes diso. Pozzo dille que é mudo, e eles sorpréndense, porque non lembraban iso, o mesmo que aconteceu con Pozzo estando cego (todo dun día para outro). Finalmente, marchan.

Esperando a Godot', más realista que absurda - Todos al Teatro

Pregúntanse se Pozzo sería Godot, pero non. Aparece outro raparigo, que pensan que é o de onte pero di que é a primeira vez que esta alí. Trae unha mensaxe: Godot non irá esa noite, pero mañá, si. O raparigo conta que o seu irmán está enfermo, e conta tamén que Godot leva barba branca. A lúa sae, queren irse pero deben agardar a Godot. Miran a árboree pensan en aforcarse, pero non teñen como facelo.

Deixan o seu destino en mans de Godot: se mañá aparece, non se aforcarán.

Así remata a historia, e podemos obsevar como o tema da obra non é agardar a Godot, senón a acción de agardar e o que ocorre mentres esperamos. Como xa dixemos ao comezo, é unha obra que xoga moito co tempo. E aínda que non ten nada que ver, ao pensar no concepto «tempo», lembreime dun poema de Federico García Lorca chamado «A lenda do tempo» e que me gusta moito. O deixo aquí para que podades lelo. Posteriormente, Camarón adaptou este poema como canción que tamén deixo por aquí. Como podemos observar, as obras de Beckett non destacan pola numerosa cantidade de personaxes, e «Agardando a Godot» é un claro exemplo:

Vladimir e Estragón: os dous protagonistas que agardan a Godot. Son dous vagabundos que levan xuntos dende hai máis de 50 anos. E aínda que a súa relación non sempre é a mellor, pensan que xa non vale a pena separarse despois de tantos anos.

Pozzo e Lucky: o primeiro é o amo, e o segundo o «maleteiro». Pozzo ten un carácter duro e rudo, Lucky non fala moito, mais é obedente co que Pozzo ordénalle.

Os dous raparigos: dous irmáns que traballan para Godot. Aparecen ao final de cada acto para dicirlles a Didi e Gogo que Godot non poderá asistir ese día.

Atopámonos nun espazo e tempo circular, que semella non ter saída. Están nun camiño onde soamente hai unha árbore, e a obra transcorre durante dous días; porén, todos os días semellan ser iguais, ata que ao final vemos a posibilidade de que o día seguinte sexa diferente no caso de que Godot non apareza, pero é só iso, unha posibilidade. É unha época indefinida, mais pola forma de falar e de actuar dos personaxes podería ser unha época contemporánea á do autor.

Para rematar eu quero dicir que era a primeira vez que lía algo de teatro do absurdo. Ao principio sentíao, como o seu nome indica, demasiado absurdo. Mais despois de seguir lendo e de entender que era así, que había situacións tan exasperantes que resultaban sendo moi cómicas, comecei a desfrutar moito a lectura. A relación dos dous personaxes protagonistas resúltame moi cómica, e como malia sempre facer comentarios de que estarían mellor por separado, realmente saben que non, e como se necesitan o un ao outro. Eu, á vez que lía a obra, comecei a ver un pouco da peza teatral que deixo por aquí abaixo. Recomendo a lectura de «Agardando a Godot», xa que é unha lectura moi rápida e que posiblemente nunca esquecerás! Tamén recomendo pensar nela, e no seu transfondo en relación co tempo, e a pregunta que aínda eu non logrei responder: quen é verdadeiramente Godot?

«Que facemos aquí? Este é o problema para expornos. Temos a sorte de sabelo. Si, no medio desta inmensa confusión, unha soa cousa está clara: estamos a esperar a Godot.» -Vladimir, acto II. Antes de axudar a Pozzo a levantarse do chan.

Bibliografía

https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_del_absurdo

https://es.wikipedia.org/wiki/Samuel_Beckett

https://www.clarin.com/literatura/samuel-beckett_0_ByxMVDovXl.html

Deja un comentario